Descripción
Amor Subterráneo é unha obra intensa e profunda na que Taïn explora o amor dende os seus rincons máis ocultos: o que non se di, o que doe e o que persiste en silencio. A través de atmosferas envolventes e letras cargadas de sensibilidade, o artista constrúe un universo sonoro íntimo e escuro que conecta directamente co oínte.
Este vinilo recolle a esencia do proxecto nun formato analóxico que realza cada matiz e emoción do álbum. Con un coidado deseño artístico, Amor Subterráneo convertese nunha peza imprescindible tanto para coleccionistas como para quen busca vivir a música dunha forma máis próxima e auténtica.
Un vinilo para escoitar amodo, sentir profundo e deixar que o amor siga resoando baixo a superficie.
Sé o primero en valorar “Vinilo ”Amor subterráneo” taïn” Cancelar a resposta


Reseñas
Aínda non hai valoracións.